20/4/09

12ª xornada de Liga

A falta dunha xornada para que remate a liga parece que este ano vanse acadar os obxectivos que nos marcáramos ó comeza da mesma. Dos equipos de segunda o equipo "B" xa conseguiu matematicamente a permanencia a xornada anterior e o equipo "A" con 1'5 puntos asegúrase matematicamente unha praza de ascenso. Hai tres equipos en loita para duas prazas, e a clasificación e a seguinte:
Laroca "A" 30'5 ptos
Xadrez Ourense 29'5 ptos
Vila de Bouzas 28 ptos
Polo tanto salvo catástrofe na última xornada, a vindeira tempada o club terá representación en 1ª, 2ª e 3ª división. Resultados dos nosos equipos.

8/4/09

Lúa sub-campioa Alevín e Breixo 15º en categoria Cadete

Remataron os campionatos Galegos alevín e cadete no que participaban Lúa e Breixo respectivamente, e que puxeron un máis que digno peche á actuación do Club de Xadrez Laroca nestes Campionatos, que tan brillantemente iniciou Mireya.
Lúa chegou á última rolda coa posibilidade de igualar a xesta de Mireya, pois unha vitoria supuña o segundo posto na xeral e o título feminino. Pero faltou ese 1% de sorte que fai falta para chegar ó máis alto. Trabucouse na apertura e perdeu peza por peón. Loitou para consegui-las tablas, pero o seu rival xogou moi seguro e ó final non puido ser. Tivo que “conformarse” co subcampionato feminino e o 11º posto na xeral.
Breixo que fixo un gran torneo xuvenil acudía ó durísimo torneo cadete con moita ilusión. Despois dun mal arranque de torneo, (chegou a estar con 2 puntos de 5) conseguiu repoñerse e remontou nas últimas roldas para rematar no 15º posto con 5 puntos de 8, igual que Lúa.
Reseñar tamén o labor de Patricio como árbitro auxiliar na categoría sub-16.
PARABÉNS PARA OS CAMPIÓNS LAROQUEIROS

6/4/09

Mireya Campioa Galega Sub-8

O Club de Xadrez Laroca conta nas súas filas desde hoxe cunha nova campioa galega. Mireya Represa Garazo é desde hoxe a nova Campioa Galega Femenina Pre-Benxamín e subcapioa na xeral con 7 puntos de 8 posibles. Tan só cedeu un punto ante o actual campión. Tódolos que formamos parte do club sentímonos moi orgullosos do seu logro. PARABÉNS CAMPIOA.