12/1/09

Torneo Zonal Pontevedra Sur para categoría Sub-10 e Sub-12

Arrancaron os zonais de Pontevedra Sur coa disputa das categorias sub-10 e sub-12.
Como xa comentara nuha entrada anterior a organización corre a cargo do Club de Xadrez Laroca, sendo o director dos torneos e máximo responsable da organización Patricio Salgado o actual secretario do club, contando coa colaboración de Deli Costas, a vicepresidenta, que se encargou, entre outras cousas, de solicitar o local do colexio de Mallón para celebrar os torneos.

Xa no terreo deportivo, en Sub-12 competiron do noso club Dani e Lúa, cunha actuación moi boa. Dani rematou na 5 posición con 3 puntos tras 2 vitorias, dúas táboas e unha soa derrota; e Lúa conseguiu a primeira praza con 4,5 puntos de 5 posibles. Picar aquí para ver o cadro do torneo.
Na categoría sub-10 tamén un xogador do Laroca subiu ao podio. Cristian rematou 3º con 4 puntos de 5. Moi preto remataron Pablo e Paula, 5º e 6ª respectivamente, con 3,5 puntos Pablo e 3 puntos Paula que perdeu co 1º e 2º clasificado. Aos dous aínda lles queda 1 ano na categoria polo que son firmes candidatos ao podio para a próxima edición. Mireya e Jorge eran os mais novos do torneo, pero presentaron digna batalla aos seus rivais e acumularon experiencia para vindeiros compromisos. Picar aquí para ver o cadro do torneo.
Por último, reseñar a organización de Patricio e a colaboración de Jose, Deli e Araujo, que estiveron toda a tarde pendentes de que todo saise ben. Aquí están as fotos do Torneo
Zonal Pontevedra Sur Sub10-12

Empezou a Liga 2009

O sábado empezou a Liga 2009 da Federación Galega de Xadrez.
O noso club conta con dous equipos en 2ª división: O Laroca-Nigrán "A" no grupo D, e o Laroca-Nigrán "B" no grupo C.
Temos outros dous equipos en 3ª división: O Laroca-Nigrán "C" e o Laroca-Nigrán "D" que compiten no mesmo grupo I.
E na 4º división temos o Laroca-Nigrán Infantil formado polos mais cativos do club.
Os equipos de 2ª división enfrontáronse a equipos da capital da provincia con distinta sorte:
Pica nos resultados para ver as actas do encontro
Laroca-Nigrán "A" 0,5 - 3,5 Escola Xadrez Pontevedra "A"
Academia Copernico 0 - 4 Laroca-Nigrán "B"

En 3ª división os dous equipos do noso club tiveron que enfrontarse entre si (tal e como indica o regulamento) na primeira rolda. Tras unhas partidas moi disputadas o encontro rematou en empate:
Laroca-Nigrán "C" 2 - 2 Laroca Nigrán "D"

En 4ª División aínda non empezaron.
Se queres seguir a Liga o completo tes toda a información neste enlace