
Xa está en marcha
o I Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol.
Terá lugar o
vindeiro 17 de maio (Día das Letras Galegas) no Pavillón Municipal de Panxón en
Nigrán.
Desde o Club de
Xadrez Laroca, temos unha dobre intención:
Queremos invitar a tódolos
xadrecistas nados do 1996 en diante, e as súas familias, a pasar un agradable
día de xadrez ao carón dunha das praias mais fermosas do Atlántico.
E tamén queremos renderlle unha
sentida homenaxe a Dani, o noso compañeiro de equipo, a quen tanto botamos en
falta.
O torneo forma
parte do VII Circuíto Galego de Promoción 2012 da FEGAXA. En breve estarán
dispoñibles as bases completas, pero xa podemos adiantar a seguinte
información:
Duración: Mañá (de 11 a 14) e Tarde (de 16:00 a 20:00)
Duración: Mañá (de 11 a 14) e Tarde (de 16:00 a 20:00)
5 Categorías:
Sub-8, Sub-10, sub-12, sub-14, sub-16.
Trofeos:
5 trofeos individuais por categoría e un
trofeo xeral para cada participante.
Agasallos: Cada participante recibirá unha camiseta
e haberá un sorteo onde as “estrelas” serán 2 Nintendo DS·3D de última xeración.
O 17 de maio
(festivo en Galicia) o xadrez galego e mundial cítase no Val Miñor, no concello de Nigrán ao carón
de Praia América.
¡¡¡CONTAMOS CONTIGO!!!.