27/12/08

Campionatos Zonais Pontevedra Sur (cambio de datas)

A partir do 11 de xaneiro van celebrarse os Campionatos Zonais Pontevedra Sur no colexio de Mallón organizados polo club de Xadrez Laroca, sendo Patricio o director do Torneo.O gañador en cada categoría terá os gastos de aloxamento en pensión completa gratis nos campionatos galegos da súa categoría. Animádevos a participar. Tedes toda información neste enlace

23/12/08

XIV Torneo Laroca - Clasificacións e fotos

Rematou o XIV Torneo Laroca. Aquí podedes repasar o cadro do Torneo.

E tamén tedes as fotos, fáltanme as da entrega porque quedei sen batería na cámara. Quedou de pasarmas Patricio, así que as teña xa as subo. Bo Nadal para tod@s


XIV Torneo Laroca 2008

8/12/08

XIV TORNEO CLUB DE XADREZ LAROCA

O vindeiro 21 de decembro vaise celebrar o tradicional Torneo do Club de Xadrez Laroca no colexio de Mallón onde ten a súa sede social.
Se te queres divertir xogando ao xadrez nun ambiente agradable e distendido, esta é unha boa oportunidade.





Par ver as fotos con mais definicion ou descargar:
Torneo Laroca 2006-2007
Torneo Laroca 2005_2006

18/6/08

Crónica do Peon de Ouro 2008


Pica en Laroquito para sabe-lo que pasou

12/6/08

Clasificacións na Liga 2008

Este ano o primeiro equipo non foi quen de manter a categoría e descende a 2ª división. Dos tres equipos en terceira, dous acadaron a segunda praza do seu grupo, pero só un pasou a promoción.
Deste xeito, para o ano contamos con dous equipos en 2ª e dous en 3ª. Bótalle unha ollada ás clasificacións finais.

11/6/08

Clases 2007-2008

Clases de Xadrez 2008


¡¡¡¡ Enrocate que te pillo !!!!

A única escola de xadrez do mundo donde os alumnos gáñanlle o mestre

22/1/08

Tempada 2004-2005

Equipos que competiron na Liga:
Clasificacións:

17/1/08

Benvida


Ola,

estamos a ver se bloguizamos.