16/10/09

Reunión anual do Club de Xadrez Laroca

Ola a todos
Ben non sei se aínda haberá alguén que pase por aquí. Agora que chega o frío e pasa un mais tempo na casa intentarei retomar a actividade neste sitio. Aproveito esta entrada para avisar a tódolos membros do club que o vindeiro domingo 25 de outubro imos celebrar a reunión anual ordinaria. Lembrar ós pais dos xogadores menores de idade que podedes asistir con voz e voto representando os vosos fillos.
Os temas a tratar:
Resultado económico da tempada pasada e estado das contas do club
Relato das xestións feitas diante do Concello de Nigrán.
Resultados deportivos da tempada pasada
Planificación da tempada 2010. Número de equipos para o Campionato de Liga, e a súa composición.

Para este ultimo punto precisamos saber con cantos xogadores podemos contar.
Os que van a clase os sábados pola mañá, se non me din nada en sentido contrario, serán inscritos como xogadores federados do noso club e incluídos nos equipos que proceda.
O resto, por favor, confirmade o antes posible a Tino ou a min a vosa participación.
Do mesmo xeito si sabedes de alguén que queira competir con nos avisádenos o antes posible.
O prazo de inscrición de equipos na Federación Galega de Xadrez remata o 28 de outubro, así que o día da reunión temos que deixar o tema resolto. Por favor confirmádeme o antes posible.

27/5/09

Intenso mes de maio xadrecístico

Desde que rematou a Liga cos obxectivos cumpridos tal e como comentei na entrada anterior arrancaron os torneos de xadrez escolar. A canteira do club leva repartido "mates" a rego cheo por Ourense A Guarda e Mondariz-Balneario cunha mestría e poderío merecedora dos mais grandes eloxios. O cronista acaba de asistir neste mes ós albores dunha xeración de xadrecistas que vai dar que falar. Prometo crónicas xugosas do acontecido nos tres torneos así como unha análise totalmente subxectiva dos resultados da Liga. Podedes ver as clasificacións finais da liga e as actas dos encontros no enlace habitual. Pero non podo esperar mais para darlle os meus parabéns desde este blog a Mireya pola súa nova xesta: 3ª clasificada no "XXI Torneo Peón de Oro". Aquí vos deixo a súa foto recollendo o Peón de Bronce coa camiseta do Club de Xadrez Laroca. ¡Grande Mireya!

20/4/09

12ª xornada de Liga

A falta dunha xornada para que remate a liga parece que este ano vanse acadar os obxectivos que nos marcáramos ó comeza da mesma. Dos equipos de segunda o equipo "B" xa conseguiu matematicamente a permanencia a xornada anterior e o equipo "A" con 1'5 puntos asegúrase matematicamente unha praza de ascenso. Hai tres equipos en loita para duas prazas, e a clasificación e a seguinte:
Laroca "A" 30'5 ptos
Xadrez Ourense 29'5 ptos
Vila de Bouzas 28 ptos
Polo tanto salvo catástrofe na última xornada, a vindeira tempada o club terá representación en 1ª, 2ª e 3ª división. Resultados dos nosos equipos.

8/4/09

Lúa sub-campioa Alevín e Breixo 15º en categoria Cadete

Remataron os campionatos Galegos alevín e cadete no que participaban Lúa e Breixo respectivamente, e que puxeron un máis que digno peche á actuación do Club de Xadrez Laroca nestes Campionatos, que tan brillantemente iniciou Mireya.
Lúa chegou á última rolda coa posibilidade de igualar a xesta de Mireya, pois unha vitoria supuña o segundo posto na xeral e o título feminino. Pero faltou ese 1% de sorte que fai falta para chegar ó máis alto. Trabucouse na apertura e perdeu peza por peón. Loitou para consegui-las tablas, pero o seu rival xogou moi seguro e ó final non puido ser. Tivo que “conformarse” co subcampionato feminino e o 11º posto na xeral.
Breixo que fixo un gran torneo xuvenil acudía ó durísimo torneo cadete con moita ilusión. Despois dun mal arranque de torneo, (chegou a estar con 2 puntos de 5) conseguiu repoñerse e remontou nas últimas roldas para rematar no 15º posto con 5 puntos de 8, igual que Lúa.
Reseñar tamén o labor de Patricio como árbitro auxiliar na categoría sub-16.
PARABÉNS PARA OS CAMPIÓNS LAROQUEIROS

6/4/09

Mireya Campioa Galega Sub-8

O Club de Xadrez Laroca conta nas súas filas desde hoxe cunha nova campioa galega. Mireya Represa Garazo é desde hoxe a nova Campioa Galega Femenina Pre-Benxamín e subcapioa na xeral con 7 puntos de 8 posibles. Tan só cedeu un punto ante o actual campión. Tódolos que formamos parte do club sentímonos moi orgullosos do seu logro. PARABÉNS CAMPIOA.

27/3/09

Resultados dos equipos na Liga en 2ª e 3ª

Para ver os resultados dos nosos equipos na Liga pica aqui ou usa o enlace da dereita

16/3/09

4ª División - Final

O domingo 15 de Marzo comezou a Liga de 4ª División Grupo Pontevedra Sur. O club participa co equipo Laroca-Nigrán Infantil onde están inscritos tódolos rapaces das escolas do club do nivel de iniciación. Para a maioría é a primeira toma de contacto co xadrez de competición. Unha vez mais os rapaces deixaron o nome do club en moi bo lugar tanto no que se refire a comportamento, a deportividade e a resultados deportivos. Os xogadores que se desprazaron a Guarda foron Mireya, Jorge, Diego, Ismael e Manuel. Disputáronse catro roldas e obtiveron 2 vitorias e 2 derrotas acadando 7,5 puntos dos 16 en liza. Desde aquí felicitar o club de Xadrez Albatros pola excelente organización desta xornada. Un agradecemento para os pais que se desprazaron cos seus fillos e un especial para Juan Represa que actuou como delegado do club no torneo e nos achega a información detallada dos encontros e unhas fotos do torneo.
O desenlace tivo lugar en Nigrán no Colexio de Mallon o domingo 22 de marzo a partir das 10 da mañá, cando se disputaron as tres últimas roldas. Nesta xornada o noso equipo acadou unha vitoria, unha derrota e un empate sumando 6 puntos de 12 que, sumados os 7,5 da xornada anterior, os levaron a cuarta posición na clasificación final. Un resultado fantástico tendo en conta a idade e experiencia dos nosos xogadores. Esta claro que o Laroca ten canteira. A tódolos que participastes agradecervos en nome do club o esforzo e a ilusión que puxestes nas vosas partidas. O gañador foi o equipo xadrezalbatros.com "E". Parabéns para eles tamén pois foron xustos vencedores. A continuación información do torneo e unhas fotos:

4ª division
Clasificación
1 Xadrezalbatros.com E 25
2 Santiago Apóstol A 24
3 Escola de Bouzas A 14
4 Laroca Nigrán Infantil 13,5
5 Xadrezalbatros.com F 13,5
6 Santiago Apóstol B 13,5
7 Xadrez Fleming A 4,5
8 Xadrez Fleming B 3

Resultados Liga 4ª
Rolda 1
Laroca Nigran Infantil 4-0 Xadrez Fleming "A"
Mireya Represa Perez 1-0 Oscar Cabaleiro Rodriguez
Jorge Saavedra 1-0 Candela Carrasco Ubeira
Diego Otero 1-0 Sara Trigo Perez
Ismael Perez-Izaguirre Solis 1-0 Anton Garcia Adam
Rolda 2
Escola Bouzas "A" 4-0 Laroca Nigran Infantil
Alvaro Blanco 1-0 Jorge Saavedra
Miguel Araujo 1-0 Diego Otero 0
Ana Dias 1-0 Ismael Perez-Izaguirre Solis
Marta de Mena 1-0 Manuel Leal
Rolda 3
Laroca Nigran Infantil 1-3 Xadrez Albatros.com "E"
Mireya Represa Perez 0-1 Daniel Lomba Gonzalez
Jorge Saavedra 0-1 Nestor Lomba Lomba
Ismael Perez-Izaguirre Solis 0-1 Antonio Cernadas Garrido
Manuel Leal 1-0 Antia Mouriño Lomba
Rolda 4
Santiago Apostol "B" 1’5-2'5 Laroca Nigran Infantil
Adrian Bouza 0-1 Mireya Represa Perez
Kewin Pedreira 0-1 Jorge Saavedra
Laura Costa 1-0 Diego Otero
Gabriel Pedreira 0,5-0,5 Manuel Leal
Rolda 5
LAROCA NIGRÁN INFANTIL 3-1 XADREZ FLEMING "B"
MIREYA REPRESA PÉREZ 1-0 SARAI ESPIÑEIRA SÁNCHEZ
DIEGO OTERO MÍGUEZ 1-0 PABLO ÁLVAREZ AGUIAR
ISMAEL PÉREZ-IZAGUIRRE SOLÍS 0-1 DAVID LAGO SIMÓN
TOMAS 1-0 DAVID VILLAR CERQUEIRA
Rolda 6
SANTIAGO APÓSTOL "A" 3-1 LAROCA NIGRÁN INFANTIL
MARIO PÉREZ MONTENEGRO 1-0 MIREYA REPRESA PÉREZ
XABIER FANDIÑO PIÑEIRO 1-0 DANIEL FERNÁNDEZ CHAMORRO
JORGE PARDELLAS MANEIRO 0-1 MANUEL LEAL CARRERO
DAVID RODRÍGUEZ BOENTE 1-0 TOMAS
Rolda 7
XADREZALBATROS.COM "F" 2-2 LAROCA NIGRÁN INFANTIL
SERGIO GONZÁLEZ CORREA 1-0 DANIEL FERNÁNDEZ CHAMORRO
HÉCTOR VERDE LOMBA 1-0 DIEGO OTERO MÍGUEZ
CARLOS VERDE SANTIAGO 0-1 MANUEL LEAL CARRERO
MATEO VILAPLANA BAZ 0-1 TOMAS

25/2/09

Campeonatos galegos sub-18 e sub-14

Este fin de semana celebráronse nas instalacións do hotel Cemar en Mondariz-Balneario os Campionatos Galegos de Xadrez da categoría sub-18 e da categoría sub-14.
Breixo participou (aínda e sub-16) na categoría sub-18 onte tivo unha actuación destacada. Con tres vitorias tres tablas e dúas derrotas (co 1º e 2º do ranking) rematou 13º (o seu posto no ranking inicial). Enfrontouse a 4 dos 5 primeiros do ranking (xogadores que lle sacaban mais de 200 puntos ELO) con un parcial de dúas derrotas e dúas tablas. Chegou a última ronda con moitas opcións de meterse no top-10, pero o malvado "Swiss manager" emparellouno co 1º do ranking, finalmente tras case catro horas de loita tivo que inclinar o rei ante o seu rival, e conformarse co posto 13 que aínda que non esta nada mal, non fai xustiza os méritos acadados por Breixo neste Torneo. Con isto non quero restarlle méritos os demais participantes, pero evidentemente este cronista non pode, aínda que o intenta, ser totalmente obxectivo.
¡¡Animo Breixo es un campión!!.
Enlace a información do torneo sub-18 e do torneo sub-14


19/2/09

I FESTIVAL INTERNACIONAL SHIROV ON LINE

O fin de semana pasado tivo lugar en Salamanca o I FESTIVAL INTERNACIONAL SHIROV ON LINE de xadrez escolar organizado pola escola de xadrez SHIROV ON LINE que dirixe o M.I Javier Sanz. No evento participaron rapaces de Arxentina, Castela-Leon, Extremadura e Galiza. O venres leváronse acabo sesións técnicas a cargo do G.M. Julio Granda e da G.M. feminina Claudia Amura.
O sábado tivo lugar a competición por equipos entre as catro delegacións participantes. O triunfo final foi para os arxentinos con medio punto de vantaxe sobre os galegos.
Defendendo o cuarto taboleiro da delegación galega participou Lúa con unha destacada actuación. A experiencia foi moi agradable e a sorpresa foi que no Colexio Maior donde se hospedou a delegación galega atopámonos con Alberto que vive alí mentres cursa Enxeñería Informática na Universidade de Salamanca.
Pica aquí para ver a clasificación e resultados.
I FESTIVAL INTERNACIONAL SHIROV ON LINE

2/2/09

5ª xornada de Liga e zonais abs e sub-18

O vindeiro domingo celebranse os últimos zonais de Pontevedra Sur, o absoluto e o sub-18. Animádevos a participar, o premio son os gastos pagos no campionato galego en Semana Santa en Padrón (9 días con gastos pagos no hotel Scala ***).
O sábado xogase a 5ª xornada da liga cos seguintes encontros para os equipos do club:

LAROCA- NIGRÁN "A"3-1HELIOS-BEMBRIVE "A"
PADRÓN "B"3-1LAROCA- NIGRÁN "B"
CEMAR
3'5-0'5LAROCA-NIGRÁN "D"
O equipo LAROCA- NIGRÁN "C" descansa nesta xornada. Sorte para todos os que xogedes neste fin de semana.

12/1/09

Torneo Zonal Pontevedra Sur para categoría Sub-10 e Sub-12

Arrancaron os zonais de Pontevedra Sur coa disputa das categorias sub-10 e sub-12.
Como xa comentara nuha entrada anterior a organización corre a cargo do Club de Xadrez Laroca, sendo o director dos torneos e máximo responsable da organización Patricio Salgado o actual secretario do club, contando coa colaboración de Deli Costas, a vicepresidenta, que se encargou, entre outras cousas, de solicitar o local do colexio de Mallón para celebrar os torneos.

Xa no terreo deportivo, en Sub-12 competiron do noso club Dani e Lúa, cunha actuación moi boa. Dani rematou na 5 posición con 3 puntos tras 2 vitorias, dúas táboas e unha soa derrota; e Lúa conseguiu a primeira praza con 4,5 puntos de 5 posibles. Picar aquí para ver o cadro do torneo.
Na categoría sub-10 tamén un xogador do Laroca subiu ao podio. Cristian rematou 3º con 4 puntos de 5. Moi preto remataron Pablo e Paula, 5º e 6ª respectivamente, con 3,5 puntos Pablo e 3 puntos Paula que perdeu co 1º e 2º clasificado. Aos dous aínda lles queda 1 ano na categoria polo que son firmes candidatos ao podio para a próxima edición. Mireya e Jorge eran os mais novos do torneo, pero presentaron digna batalla aos seus rivais e acumularon experiencia para vindeiros compromisos. Picar aquí para ver o cadro do torneo.
Por último, reseñar a organización de Patricio e a colaboración de Jose, Deli e Araujo, que estiveron toda a tarde pendentes de que todo saise ben. Aquí están as fotos do Torneo
Zonal Pontevedra Sur Sub10-12

Empezou a Liga 2009

O sábado empezou a Liga 2009 da Federación Galega de Xadrez.
O noso club conta con dous equipos en 2ª división: O Laroca-Nigrán "A" no grupo D, e o Laroca-Nigrán "B" no grupo C.
Temos outros dous equipos en 3ª división: O Laroca-Nigrán "C" e o Laroca-Nigrán "D" que compiten no mesmo grupo I.
E na 4º división temos o Laroca-Nigrán Infantil formado polos mais cativos do club.
Os equipos de 2ª división enfrontáronse a equipos da capital da provincia con distinta sorte:
Pica nos resultados para ver as actas do encontro
Laroca-Nigrán "A" 0,5 - 3,5 Escola Xadrez Pontevedra "A"
Academia Copernico 0 - 4 Laroca-Nigrán "B"

En 3ª división os dous equipos do noso club tiveron que enfrontarse entre si (tal e como indica o regulamento) na primeira rolda. Tras unhas partidas moi disputadas o encontro rematou en empate:
Laroca-Nigrán "C" 2 - 2 Laroca Nigrán "D"

En 4ª División aínda non empezaron.
Se queres seguir a Liga o completo tes toda a información neste enlace