16/4/12

I Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol


Xa está en marcha o I Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol.
Terá lugar o vindeiro 17 de maio (Día das Letras Galegas) no Pavillón Municipal de Panxón en Nigrán.
Desde o Club de Xadrez Laroca, temos unha dobre intención:
 Queremos invitar a tódolos xadrecistas nados do 1996 en diante, e as súas familias, a pasar un agradable día de xadrez ao carón dunha das praias mais fermosas do Atlántico.
 E tamén queremos renderlle unha sentida homenaxe a Dani, o noso compañeiro de equipo, a quen tanto botamos en falta.

O torneo forma parte do VII Circuíto Galego de Promoción 2012 da FEGAXA. En breve estarán dispoñibles as bases completas, pero xa podemos adiantar a seguinte información: 
 Duración: Mañá (de 11 a 14)  e Tarde (de 16:00 a 20:00)
5 Categorías: Sub-8, Sub-10, sub-12, sub-14, sub-16.
Trofeos:  5 trofeos individuais por categoría e un trofeo xeral para cada participante.
Agasallos: Cada participante recibirá unha camiseta e haberá un sorteo onde as “estrelas” serán 2 Nintendo DS·3D de última xeración.

O 17 de maio (festivo en Galicia) o xadrez galego e mundial cítase  no Val Miñor, no concello de Nigrán ao carón de Praia América.
¡¡¡CONTAMOS CONTIGO!!!.

10/3/11

Ctos Galegos sub-14 e sub-18 en Pontedeume



Nestas vacacións de Entroido tiveron lugar en Pontedeume os Ctos Galegos de Xadrez das categorías sub-14 e sub-18. Polo noso club participaron Lúa, Mireya e Breixo cunha actuación moi destacada. Mais información no blogue do Club de Xadrez Laroca.


Grazas a Juan Represa polo espectacular reportaxe fotográfico.

17/2/11

O rei da mina



Blogueando na rede atopeime con esta preciosidade. O autor é Alfonso Zapico un debuxante asturiano afincado en Francia. Aproveito a ocasión para recomendarvos dúas novelas gráficas súas "Café Budapest" e "La guerra del profesor Bertenev". Esta a piques de saír do prelo a súa próxima novela "Dublinés" na que o protagonista é James Joyce. Non deixedes de visitalo seu blogue.

25/11/10

Non todo vai ser xadrez

Unha das adicións de Breixo ademais do xadrez é escribir, de feito xa acadou algún que outro premio en concursos literarios para xente nova. O último foi este mes de novembro no "Ciencia que Conta". Un certame organizado pola Universidade de Vigo dentro dos actos da Semana da Ciencia 2010. A continuación deixo a dramatización do seu relato emitido pola Radio Galega en directo no acto de entrega dos premios o sábado 20 de novembro no salón de actos do Museo do Mar de Galiza en Vigo.

video

3/11/10

Final do V Circuito Galego de Xadrez Escolar

Como comentei na entrada anterior rematou o V Circuíto Galego de Xadrez Escolar. Este circuíto auspiciado e coordinado pola Federación Galega de Xadrez ten como obxectivo a promoción do xadrez entre as rapazas e rapaces galegos ata os 16 anos.
Nesta edición eran 17 torneos os que conformaban o V Circuíto Galego de Xadrez Escolar, organizados por distintos clubs e entidades por todo o territorio galego. En cada torneo os 10 primeiros clasificados conseguían puntos (1º clasf. 12puntos, 2º clasf 10puntos, 3º clasf 8puntos, 4ºclasf 7puntos, ...) que se ían acumulando para ao rematar tódolos torneos ter unha clasificación xeral do campionato. Aparecer na clasificación final xa ten o seu mérito pois quere dicir que polo menos nun dos torneos conseguiches estar no "top-ten".Pois na clasificación final deste ano aparecen 4 xogadores do Club de Xadrez Laroca a saber:

En categoría benxamín (sub-10) aparece o vixente campión do Torneo Laroca (categoría iniciación) Cibrán Álvarez Castaño ocupando a 20ª praza con 9 puntos. Cibrán, que empezou a competir o ano pasado no Peón de Ouro coa camiseta do Laroca, participou en 3 torneos e conseguiu puntuar en dous. Unha moi boa marca que agardamos teña continuidade na vindeira edición. Ánimo e sorte para Cibrán "o xadrecista mais argalleiro do mundo enteiro".




Tamén en categoría benxamín (sub-10) aparece a campionísima do noso club que ademais de campioa galega e de España, tamén é a vixente gañadora do Torneo Laroca (categoría escolar). Con 70 puntos foi a campioa feminina indiscutible do Circuíto no que acadou o 5º posto na clasificación xeral. Outra "muesca" no taboleiro de Mireya, a xadrecista mais rápida do oeste do Laroca.


Si a durísima categoría infantil (sub-14) foi como unha noite onde moitas estrelas competiron por ser a máis brillante, no medio aparece Lúa con 8 puntos arrancados de 4 torneos que a deixan na 15ª posición. Mais que satisfactoria a tempada de Lúa, a xadrecista que monta festa coas pezas no taboleiro.



Na categoría cadete (sub-16) Breixo con 78 puntos volveu subir ao podio na 3ª posición, a mesma que acadou no 2009. Excelente resultado para poñer o punto final á súa andaina polos torneos do Circuíto Escolar pois para a seguinte tempada deixa a categoría cadete, e por idade xa non poderá participar. Notábase neste último torneo, entre os sub-16, un toque nostálxico pola obrigada despedida. A maioría levan participado nas 5 edicións, e como dixo Breixo, é unha pena non poder volver a dicir aquilo de "Vémonos no seguinte do circuíto...". Para celebralo a maioría foron comer xuntos para tapar con pizza tódolos xaque mates dados e recibidos.

A cerimonia de clausura celebrouse en Expourense ao rematar o ultimo torneo, con representación da Xunta de Galicia, do Concello de Ourense, a dirección de EXPOURENSE, o presidente da FEGAXA e o vicepresidente da mesma que dirixiu o acto. A Federación Galega de Xadrez recompensou aos tres primeiros e a campioa feminina de cada categoría con un agasallo, entregados polas autoridades presentes. A Mireya correspondeulle un reprodutor MP5 e a Breixo unha cadea de música. Como anécdota comentar que Mireya non puido recibir o seu premio pois estaba de viaxe de volta de Grecia onde disputou o Campionato do Mundo. Lúa fixo os honores de recoller o premio para a súa compañeira de equipo.
Na foto Breixo e a súa amiga Aránzazu do Circulo Ferrolán de Xadrez campioa feminina da categoría cadete recollendo os seus agasallos.
Lúa tan guapa como sempre recollendo o agasallo de Mireya campioa feminina benxamín.

2/11/10

III Festival Internacional “Deporte-ciencia para a Xuventude” e final do V Circuito Galego de Xadrez Escolar


O 31 de outubro celebrouse en Ourense o III Festival Internacional “Deporte-ciencia para a Xuventude” o último dos torneos do V Circuíto galego de Xadrez Escolar. A organización correu a cargo do Club Xadrez - Ourense. Na súa web podedes atopar información detallada do desenvolvemento do torneo.
Unha vez máis, o club ourensán da man do seu director Elías González brindounos un torneo moi ben organizado no que cada un dos 280 xadrecistas participantes recibiu o seu trofeo conmemorativo. Ademais houbo trofeos para os 10 primeiros de cada categoría e un impresionante sorteo final de valiosos regalos (bicicletas, cámaras fotográficas, reloxos, balóns de fútbol e baloncesto, etc..) entre tódolos participantes. Unha organización digna de un campionato estatal ou superior. Parabéns a tódolos que o fixeron posible.
Do noso club participaron Breixo e Lúa con resultado dispar.
Lúa non tivo o seu torneo e rematou con 3 puntos no posto 17º. É certo que levaba sen participar nos últimos torneos do circuíto por mor da súa asistencia ao ESTALMAT, e posiblemente non chegou o torneo tan "enchufada" como os seus rivais. De tódolos xeitos o seu xadrez segue medrando e os resultados non tardarán en chegar. ¡¡¡Ánimo Lúa es a mellor enrocadora do mundo mundial!!!.Breixo fixo un torneo espectacular xogando na 1ª mesa desde a rolda 3 e rematando cun erro espectacular na última rolda, coa cámara da organización retransmitindo a partida, despois de obter unha posición de vantaxe clara e practicamente sen contraxogo para o seu rival déixase un espectacular mate en 1. De tódolos xeitos súa foi a 2ª posición no torneo. Así é o xadrez de Breixo gañe ou perda ¡¡o espectáculo está asegurado!!.
Como curiosidade unha foto de Breixo no xornal La Región do dia seguinte

Final do WDYC de Halkidiki (Grecia)


O sábado 30 de outubro rematou o Campionato do Mundo Sub-08 a Sub-18 e Mireya volta ao Val Miñor cun botín nada desprezable de 4'5 puntos de 11 posibles, puntos conseguidos ante campioas nacionais de Corea do Sur, Kirguizistan, Sudáfrica, Grecia e Escocia. Tódolos que seguimos a súa traxectoria no Campionato queremos agradecerlle a emoción que nos brindou.
A Juan e Belén (os pais da campioa) agradecerlles que nos fixeran participes da súa aventura no seu fantástico blogue que, por se algún despistado aínda non visitou é:
http://larocaintheworld.blogspot.com/
Coido que dun xeito moi entretido amosa o que podes topar nun Campionato do Mundo de Xadrez para nenos.
Na expedición da Federación Española destaca en categoría sub-18 o xadrecista madrileño Ángel Arribas, que acadou a 4ª posición con 8 puntos, os mesmos que o 3º clasificado. Parabéns para el e para o resto da expedición española, en especial para os galegos de categoría sub-12 Julio Suárez (6 puntos) Andres Bayón (4 puntos) e Fernando Chao (3,5 puntos).

26/10/10

Torneo Santa Lucía - ONCE (Vigo)

O noso club esta participando un ano mais no Torneo de xadrez Santa Lucia que organiza a ONCE no edificio que a organización ten en Vigo.
Calendario e resultados:
16/10/2010 Club de Xadrez Laroca 4-0 ONCE-Vigo
17/10/2010 Mosefesa & Wailers 3-1 Club de Xadrez Laroca
23/10/2010 Club de Xadrez Laroca 1-3 Ajedrez Bouzas
24/10/2010 Helios-Bembrive 1-3 Club de Xadrez Laroca
06/11/2010 Club de xadrez Laroca 1-3 Escola de Xadrez Pontevedra

22/10/10

Reunión Anual do Club de Xadrez Laroca 2010

O sábado 30 de outubro as 17:00 na sede do club, no Colexio de Mallón imos celebrar a asemblea ordinaria anual coa seguinte orde do día:
o Resume económico e deportivo da tempada 2009-2010.
o Proceso electoral na FEGAXA
o Planificación da tempada 2010-2011
o Preguntas e propostas
Tódolos asistentes terán dereito a dicir (e non será mentira) que o sábado pola tarde colaboraron nunha boa causa.

20/10/10

World Youth Chess Championships 2010


Hoxe 20 de outubro do 2010 comezan en Halkidiki (Grecia) o Campionato do Mundo Sub-08 a Sub-18 no que participa a xogadora do noso club Mireya Represa Pérez, actual Campioa de España en categoría Sub-10.
Tódolos que formamos parte do club desexámoslle a nosa campioa moita sorte na competición, para que o seu gran talento luza como merece. Pero sobre todo esperamos que disfrute dunha experiencia divertida e agradable, que lle axude a medrar como persoa e como xadrecista.
O Club de Xadrez Laroca esta orgulloso e agradecido de que Mireya (e a súa familia) leven o nome do noso Club a un evento de prestixio mundial.
Juan e Belen (os pais da campioa) van intentar manternos o día de todo o que pase no blog: http://larocaintheworld.blogspot.com/
Para seguir os resultados en Chess-Results:
http://www.chess-results.com/tnr39343.aspx?art=0&lan=2&flag=30&m=-1&wi=1000
Mireya sae no posto 81 do ranking e vai xogar na primeira rolda na mesa 29 cunha nena dos Emiratos Árabes que se chama Moza Al Mansouri.
¡¡¡¡Mireya Campioa Mundial!!!!

25/3/10

Tempada 2009

Os Equipos na Liga Galega 2009.
Arrancabamos a Liga con dous equipos en 2ª división, outros dous en 3ª e cos mais cativos do club nun equipo en 4ª división.
En 2ª división o obxectivo do equipo Laroca-Nigrán A con Tino, Elvia, Alberto Fdez, Patricio, Iago, Agapito, Tomás, Breixo e Miguel era o ascenso a 1ª división. Unha derrota por 0’5-3’5 e un empate nas tres primeiras xornadas sementou dúbidas nos seareiros, pero a calidade e a constancia dos nosos xogadores acadou o obxectivo. Destacada foi a participación de Breixo no 4º taboleiro con 7’5 / 9 (6+, 3=, 0-)
No Laroca-Nigrán B xogaron Alberto Hermida, Dani Alvarez , Rafa, Araujo, Paco, Dani Vaz, Carlos, Lino e Guillermo. Algúns debutaban na categoría e outros retornaban a ela tras xogar en 3ª polo que a permanencia era o obxectivo que finalmente se acadou.

En 3ª división presentamos dous equipos combinando, a xuventude e talento das rapazas e rapaces da canteira, co coraxe e o bo facer de algúns pais que non se conforman con ver xogar os seus fillos e queren sentir no taboleiro do lado a emoción do xadrez de competición. O obxectivo era coller experiencia e conseguiuse con creces pois o grupo tiña 13 equipos e houbo que xogar 12 roldas (nos últimos anos eran 7 ou 8 roldas máximo) polo que as plantillas quedáronse algo curtas. No Laroca-Nigrán D xogaron Agustín, Rafa, Lúa, Dani, Pedro, Nico, Andrés e Paula que remataron na 9ª posición . O Laroca-Nigrán C con Juan Represa, Fernando Ortíz, Alberto, Cristian, Andrea, Pablo e Unai rematou na posición 11.

En 4ª división os mais cativos como xa reportamos nunha entrada anterior fixeron un papel excelente acadando a 4ª posición a 1/2 punto da medalla de bronce.

Parabéns e moito xadrez para todos

24/3/10

Torneo Josefa Alonso 2009

Grazas a Juan Represa polas fotos e o estupendo resume estatístico dos resultados dos xogadores do club.

Festival Xadrez Ourense 2009

Peon 2009

Un ano máis os xadrecistas do Laroca acudiron ó decano dos torneos de xadrez escolar do estado. Aínda que o obxectivo inicial de conseguir (78 puntos) a metade dos puntos en xogo non foi posible, este ano unha xogadora do club, Mireya gañou o Peón de Bronce na súa categoría. Parabéns para tod@s pola vosa teima por facer verdadeiro o dito de:
O mellor do Laroca ¡¡ A canteira!!


16/10/09

Reunión anual do Club de Xadrez Laroca

Ola a todos
Ben non sei se aínda haberá alguén que pase por aquí. Agora que chega o frío e pasa un mais tempo na casa intentarei retomar a actividade neste sitio. Aproveito esta entrada para avisar a tódolos membros do club que o vindeiro domingo 25 de outubro imos celebrar a reunión anual ordinaria. Lembrar ós pais dos xogadores menores de idade que podedes asistir con voz e voto representando os vosos fillos.
Os temas a tratar:
Resultado económico da tempada pasada e estado das contas do club
Relato das xestións feitas diante do Concello de Nigrán.
Resultados deportivos da tempada pasada
Planificación da tempada 2010. Número de equipos para o Campionato de Liga, e a súa composición.

Para este ultimo punto precisamos saber con cantos xogadores podemos contar.
Os que van a clase os sábados pola mañá, se non me din nada en sentido contrario, serán inscritos como xogadores federados do noso club e incluídos nos equipos que proceda.
O resto, por favor, confirmade o antes posible a Tino ou a min a vosa participación.
Do mesmo xeito si sabedes de alguén que queira competir con nos avisádenos o antes posible.
O prazo de inscrición de equipos na Federación Galega de Xadrez remata o 28 de outubro, así que o día da reunión temos que deixar o tema resolto. Por favor confirmádeme o antes posible.

27/5/09

Intenso mes de maio xadrecístico

Desde que rematou a Liga cos obxectivos cumpridos tal e como comentei na entrada anterior arrancaron os torneos de xadrez escolar. A canteira do club leva repartido "mates" a rego cheo por Ourense A Guarda e Mondariz-Balneario cunha mestría e poderío merecedora dos mais grandes eloxios. O cronista acaba de asistir neste mes ós albores dunha xeración de xadrecistas que vai dar que falar. Prometo crónicas xugosas do acontecido nos tres torneos así como unha análise totalmente subxectiva dos resultados da Liga. Podedes ver as clasificacións finais da liga e as actas dos encontros no enlace habitual. Pero non podo esperar mais para darlle os meus parabéns desde este blog a Mireya pola súa nova xesta: 3ª clasificada no "XXI Torneo Peón de Oro". Aquí vos deixo a súa foto recollendo o Peón de Bronce coa camiseta do Club de Xadrez Laroca. ¡Grande Mireya!

20/4/09

12ª xornada de Liga

A falta dunha xornada para que remate a liga parece que este ano vanse acadar os obxectivos que nos marcáramos ó comeza da mesma. Dos equipos de segunda o equipo "B" xa conseguiu matematicamente a permanencia a xornada anterior e o equipo "A" con 1'5 puntos asegúrase matematicamente unha praza de ascenso. Hai tres equipos en loita para duas prazas, e a clasificación e a seguinte:
Laroca "A" 30'5 ptos
Xadrez Ourense 29'5 ptos
Vila de Bouzas 28 ptos
Polo tanto salvo catástrofe na última xornada, a vindeira tempada o club terá representación en 1ª, 2ª e 3ª división. Resultados dos nosos equipos.