12/1/09

Torneo Zonal Pontevedra Sur para categoría Sub-10 e Sub-12

Arrancaron os zonais de Pontevedra Sur coa disputa das categorias sub-10 e sub-12.
Como xa comentara nuha entrada anterior a organización corre a cargo do Club de Xadrez Laroca, sendo o director dos torneos e máximo responsable da organización Patricio Salgado o actual secretario do club, contando coa colaboración de Deli Costas, a vicepresidenta, que se encargou, entre outras cousas, de solicitar o local do colexio de Mallón para celebrar os torneos.

Xa no terreo deportivo, en Sub-12 competiron do noso club Dani e Lúa, cunha actuación moi boa. Dani rematou na 5 posición con 3 puntos tras 2 vitorias, dúas táboas e unha soa derrota; e Lúa conseguiu a primeira praza con 4,5 puntos de 5 posibles. Picar aquí para ver o cadro do torneo.
Na categoría sub-10 tamén un xogador do Laroca subiu ao podio. Cristian rematou 3º con 4 puntos de 5. Moi preto remataron Pablo e Paula, 5º e 6ª respectivamente, con 3,5 puntos Pablo e 3 puntos Paula que perdeu co 1º e 2º clasificado. Aos dous aínda lles queda 1 ano na categoria polo que son firmes candidatos ao podio para a próxima edición. Mireya e Jorge eran os mais novos do torneo, pero presentaron digna batalla aos seus rivais e acumularon experiencia para vindeiros compromisos. Picar aquí para ver o cadro do torneo.
Por último, reseñar a organización de Patricio e a colaboración de Jose, Deli e Araujo, que estiveron toda a tarde pendentes de que todo saise ben. Aquí están as fotos do Torneo
Zonal Pontevedra Sur Sub10-12

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa a todos

Anónimo dijo...

Noraboa a todos. A seguir mellorando. Estades moi guap@os nas fotos.