25/3/10

Tempada 2009

Os Equipos na Liga Galega 2009.
Arrancabamos a Liga con dous equipos en 2ª división, outros dous en 3ª e cos mais cativos do club nun equipo en 4ª división.
En 2ª división o obxectivo do equipo Laroca-Nigrán A con Tino, Elvia, Alberto Fdez, Patricio, Iago, Agapito, Tomás, Breixo e Miguel era o ascenso a 1ª división. Unha derrota por 0’5-3’5 e un empate nas tres primeiras xornadas sementou dúbidas nos seareiros, pero a calidade e a constancia dos nosos xogadores acadou o obxectivo. Destacada foi a participación de Breixo no 4º taboleiro con 7’5 / 9 (6+, 3=, 0-)
No Laroca-Nigrán B xogaron Alberto Hermida, Dani Alvarez , Rafa, Araujo, Paco, Dani Vaz, Carlos, Lino e Guillermo. Algúns debutaban na categoría e outros retornaban a ela tras xogar en 3ª polo que a permanencia era o obxectivo que finalmente se acadou.

En 3ª división presentamos dous equipos combinando, a xuventude e talento das rapazas e rapaces da canteira, co coraxe e o bo facer de algúns pais que non se conforman con ver xogar os seus fillos e queren sentir no taboleiro do lado a emoción do xadrez de competición. O obxectivo era coller experiencia e conseguiuse con creces pois o grupo tiña 13 equipos e houbo que xogar 12 roldas (nos últimos anos eran 7 ou 8 roldas máximo) polo que as plantillas quedáronse algo curtas. No Laroca-Nigrán D xogaron Agustín, Rafa, Lúa, Dani, Pedro, Nico, Andrés e Paula que remataron na 9ª posición . O Laroca-Nigrán C con Juan Represa, Fernando Ortíz, Alberto, Cristian, Andrea, Pablo e Unai rematou na posición 11.

En 4ª división os mais cativos como xa reportamos nunha entrada anterior fixeron un papel excelente acadando a 4ª posición a 1/2 punto da medalla de bronce.

Parabéns e moito xadrez para todos

No hay comentarios: