25/2/09

Campeonatos galegos sub-18 e sub-14

Este fin de semana celebráronse nas instalacións do hotel Cemar en Mondariz-Balneario os Campionatos Galegos de Xadrez da categoría sub-18 e da categoría sub-14.
Breixo participou (aínda e sub-16) na categoría sub-18 onte tivo unha actuación destacada. Con tres vitorias tres tablas e dúas derrotas (co 1º e 2º do ranking) rematou 13º (o seu posto no ranking inicial). Enfrontouse a 4 dos 5 primeiros do ranking (xogadores que lle sacaban mais de 200 puntos ELO) con un parcial de dúas derrotas e dúas tablas. Chegou a última ronda con moitas opcións de meterse no top-10, pero o malvado "Swiss manager" emparellouno co 1º do ranking, finalmente tras case catro horas de loita tivo que inclinar o rei ante o seu rival, e conformarse co posto 13 que aínda que non esta nada mal, non fai xustiza os méritos acadados por Breixo neste Torneo. Con isto non quero restarlle méritos os demais participantes, pero evidentemente este cronista non pode, aínda que o intenta, ser totalmente obxectivo.
¡¡Animo Breixo es un campión!!.
Enlace a información do torneo sub-18 e do torneo sub-14


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Lo seguimos con emocion desde casa. Lastima de no poder ver las partidas (no encontre retransmision!). Hasta la última ronda pensábamos que llegaría a quedar 3º.
Gracias por la emocion

roran dijo...

A verdade é que estabamos todos bastante cabreados pola falta de retransmisión. O triste é que a federación dispón da ferramenta pero o parecer so teñen unha persoa que sabe manexala e como non puido, pois...