8/4/09

Lúa sub-campioa Alevín e Breixo 15º en categoria Cadete

Remataron os campionatos Galegos alevín e cadete no que participaban Lúa e Breixo respectivamente, e que puxeron un máis que digno peche á actuación do Club de Xadrez Laroca nestes Campionatos, que tan brillantemente iniciou Mireya.
Lúa chegou á última rolda coa posibilidade de igualar a xesta de Mireya, pois unha vitoria supuña o segundo posto na xeral e o título feminino. Pero faltou ese 1% de sorte que fai falta para chegar ó máis alto. Trabucouse na apertura e perdeu peza por peón. Loitou para consegui-las tablas, pero o seu rival xogou moi seguro e ó final non puido ser. Tivo que “conformarse” co subcampionato feminino e o 11º posto na xeral.
Breixo que fixo un gran torneo xuvenil acudía ó durísimo torneo cadete con moita ilusión. Despois dun mal arranque de torneo, (chegou a estar con 2 puntos de 5) conseguiu repoñerse e remontou nas últimas roldas para rematar no 15º posto con 5 puntos de 8, igual que Lúa.
Reseñar tamén o labor de Patricio como árbitro auxiliar na categoría sub-16.
PARABÉNS PARA OS CAMPIÓNS LAROQUEIROS

No hay comentarios: