Nesta edición eran 17 torneos os que conformaban o V Circuíto Galego de Xadrez Escolar, organizados por distintos clubs e entidades por todo o territorio galego. En cada torneo os 10 primeiros clasificados conseguían puntos (1º clasf. 12puntos, 2º clasf 10puntos, 3º clasf 8puntos, 4ºclasf 7puntos, ...) que se ían acumulando para ao rematar tódolos torneos ter unha clasificación xeral do campionato. Aparecer na clasificación final xa ten o seu mérito pois quere dicir que polo menos nun dos torneos conseguiches estar no "top-ten".Pois na clasificación final deste ano aparecen 4 xogadores do Club de Xadrez Laroca a saber:
Tamén en categoría benxamín (sub-10) aparece a campionísima do noso club que ademais de campioa galega e de España, tamén é a vixente gañadora do Torneo Laroca (categoría escolar). Con 70 puntos foi a campioa feminina indiscutible do Circuíto no que acadou o 5º posto na clasificación xeral. Outra "muesca" no taboleiro de Mireya, a xadrecista mais rápida do oeste do Laroca.
Si a durísima categoría infantil (sub-14) foi como unha noite onde moitas estrelas competiron por ser a máis brillante, no medio aparece Lúa con 8 puntos arrancados de 4 torneos que a deixan na 15ª posición. Mais que satisfactoria a tempada de Lúa, a xadrecista que monta festa coas pezas no taboleiro.
A cerimonia de clausura celebrouse en Expourense ao rematar o ultimo torneo, con representación da Xunta de Galicia, do Concello de Ourense, a dirección de EXPOURENSE, o presidente da FEGAXA e o vicepresidente da mesma que dirixiu o acto. A Federación Galega de Xadrez recompensou aos tres primeiros e a campioa feminina de cada categoría con un agasallo, entregados polas autoridades presentes. A Mireya correspondeulle un reprodutor MP5 e a Breixo unha cadea de música. Como anécdota comentar que Mireya non puido recibir o seu premio pois estaba de viaxe de volta de Grecia onde disputou o Campionato do Mundo. Lúa fixo os honores de recoller o premio para a súa compañeira de equipo.
Na foto Breixo e a súa amiga Aránzazu do Circulo Ferrolán de Xadrez campioa feminina da categoría cadete recollendo os seus agasallos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario