2/11/10

III Festival Internacional “Deporte-ciencia para a Xuventude” e final do V Circuito Galego de Xadrez Escolar


O 31 de outubro celebrouse en Ourense o III Festival Internacional “Deporte-ciencia para a Xuventude” o último dos torneos do V Circuíto galego de Xadrez Escolar. A organización correu a cargo do Club Xadrez - Ourense. Na súa web podedes atopar información detallada do desenvolvemento do torneo.
Unha vez máis, o club ourensán da man do seu director Elías González brindounos un torneo moi ben organizado no que cada un dos 280 xadrecistas participantes recibiu o seu trofeo conmemorativo. Ademais houbo trofeos para os 10 primeiros de cada categoría e un impresionante sorteo final de valiosos regalos (bicicletas, cámaras fotográficas, reloxos, balóns de fútbol e baloncesto, etc..) entre tódolos participantes. Unha organización digna de un campionato estatal ou superior. Parabéns a tódolos que o fixeron posible.
Do noso club participaron Breixo e Lúa con resultado dispar.
Lúa non tivo o seu torneo e rematou con 3 puntos no posto 17º. É certo que levaba sen participar nos últimos torneos do circuíto por mor da súa asistencia ao ESTALMAT, e posiblemente non chegou o torneo tan "enchufada" como os seus rivais. De tódolos xeitos o seu xadrez segue medrando e os resultados non tardarán en chegar. ¡¡¡Ánimo Lúa es a mellor enrocadora do mundo mundial!!!.Breixo fixo un torneo espectacular xogando na 1ª mesa desde a rolda 3 e rematando cun erro espectacular na última rolda, coa cámara da organización retransmitindo a partida, despois de obter unha posición de vantaxe clara e practicamente sen contraxogo para o seu rival déixase un espectacular mate en 1. De tódolos xeitos súa foi a 2ª posición no torneo. Así é o xadrez de Breixo gañe ou perda ¡¡o espectáculo está asegurado!!.
Como curiosidade unha foto de Breixo no xornal La Región do dia seguinte

No hay comentarios: